CONSELLO DA CULTURA GALEGA CONVOCA 4 BOLSAS DE COLABORACIÓN EN PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN

23. 06. 30

CONSELLO DA CULTURA GALEGA

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2023 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de catro bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver nesta entidade e se anuncia a súa convocatoria (código de procedemento PR970B).

A contía das bolsas, por todos os conceptos, será de 1.200,00 euros mensuais

As bolsas darán comezo coa incorporación da persoa seleccionada, tal e como dispón a base décimo terceira desta convocatoria. A data de incorporación ao centro establecerase na notificación da adxudicación da bolsa. As bolsas finalizarán o 30 de xuño de 2024 e terán unha duración máxima de nove (9) meses

O prazo de presentación de solicitudes e da documentación sinalada na base sexta será dun (1) mes que empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230630/AnuncioO111-200623-0001_gl.pdf