Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
ORDE do 19 de xullo de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras que rexerán o concurso público, correspondente ao ano 2023, de once bolsas de formación en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e se procede á súa convocatoria (código de procedemento PL500D).
A contía das bolsas, por todos os conceptos, será de 990 euros ao mes, incluídos os custos da Seguridade Social.
As actividades de formación iniciaranse coa incorporación da persoa seleccionada tal e como dispón a base décimo cuarta desta convocatoria; a data estimada de comezo é o 1 de decembro de 2023 e rematarán, en calquera caso, o 30 de novembro de 2025. A data de incorporación ao centro establecerase na notificación da adxudicación da bolsa.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta convocatoria.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230801/AnuncioG0655-200723-0001_gl.pdf