O obxecto desta convocatoria é fixar as bases reguladoras das axudas destinadas a mulleres empadroadas na provincia de Pontevedra para financiar estudos que lles dean acceso aos postos de técnica/adestradora en clubs deportivos e de xuízas e árbitras nas diferentes modalidades deportivas.
Poderán beneficiarse desta convocatoria as mulleres nadas na provincia de Pontevedra ou que residan nalgún dos concellos da provincia de Pontevedra desde o 1 de xaneiro de 2023.
Considerarase gasto subvencionable aquel que, de maneira indubidable, responda á natureza da finalidade subvencionada. Terán esta consideración os gastos de matrícula dos diferentes títulos oficiais que dan acceso aos postos de adestradora ou de técnica nas diferentes modalidades e aos postos de xuíza ou árbitra nas diferentes modalidades; estes poderán impartilos as federacións deportivas (autonómicas ou estatais) ou os diferentes centros de ensinanzas deportivas de réxime especial iniciados en 2023. Os cursos poderán rematalos en 2023 ou comprender o ano lectivo 2023/2024.
Subvencionarase o 100 % da matrícula ata un máximo de seiscentos (600) euros.
O prazo de presentación de solicitudes empezará a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio destas bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e na Base de Datos Nacional de Subvencións e finalizará o 30 de novembro de 2023.
Ligazón: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2023/09/26/2023060906