BASES DA VIII EDICIÓN DOS PREMIOS SOFÍA NOVOA ORTIZ Á INCLUSIÓN DA PERSPECTIVA DE XÉNERO NOS TRABALLOS DE FIN DE GRAO E DE FIN DE MÁSTER

23. 10. 10

O obxecto destas bases é facer pública a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, da oitava edición dos Premios Sofía Novoa Ortiz á Inclusión da Perspectiva de Xénero nos Traballos de Fin de Grao e de Fin de Máster, co obxectivo de fomentar, consolidar e dar a coñecer a inclusión da perspectiva de xénero nos traballos de fin de máster e de fin de grao realizados nos campus de Vigo e de Pontevedra da Universidade de Vigo.

Persoas beneficiarias: Poderán solicitar estes premios as e os estudantes da Universidade de Vigo dos campus de Pontevedra e Vigo que realizasen un traballo de fin de grao ou de fin de máster no que se inclúa a perspectiva de xénero e que se presentase, defendese e aprobase durante o curso 2022-2023 en calquera rama de coñecemento.

Os traballos deberán ter sido presentados, defendidos e aprobados durante o curso 2022-2023.

As solicitudes presentaranse a partir do día seguinte ao da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO). O prazo de presentación finaliza o 23 de outubro de 2023 e a data límite para entregar os traballos por vía telemática é o 30 de outubro de 2023.

Ligazóns: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2023/10/10/2023063267

https://sede.depo.gal/web/

https://www.depo.gal/es/-/premios-sofia-novoa