CONVOCATORIA DE DÚAS BOLSAS DE FORMACIÓN EN MATERIA DE INVESTIGACIÓN MARIÑA PARA PERSOAS CON TITULACIÓN SUPERIOR

23. 10. 16

Poderán ser beneficiarias destas bolsas as persoas solicitantes que cumpran os seguintes requisitos: 1. Estar en posesión do título universitario de licenciado/a ou de grao en bioloxía ou ciencias do mar. As persoas solicitantes deberán estar en posesión do título ou acreditar o pagamento dos dereitos para a súa expedición ao remate do prazo de presentación de solicitudes e ter rematados os estudos conducentes a esta titulación no ano 2020 ou posterior. 2. Ter nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser persoa estranxeira con permiso de residencia en España no momento de solicitar a bolsa e con dominio dalgunha das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia. 3. Non estar incapacitado/a fisicamente ou padecer enfermidade que poida impedir a realización normal da actividade formativa obxecto das bolsas que se convocan. 4. Non desfrutar anteriormente doutra bolsa de formación para a especialización en materias de investigación mariña na Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, excepto que no conxunto das convocatorias anteriores gozasen da bolsa por un período de tempo non superior a 5 meses. 5. Acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4. 6. Non ter a titulación de doutor/a, nin atoparse matriculado nun programa de doutoramento do sistema universitario nacional. 7. Estar en posesión do permiso de condución de vehículos de categoría ou clase B.

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Ligazón: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20231016/AnuncioG0427-061023-0001_gl.html