CONVOCATORIA DA CUARTA EDICIÓN DOS PREMIOS VALEDORA DO POBO AOS MELLORES TRABALLOS FIN DE GRAO (TFG) E TRABALLOS FIN DE MÁSTER (TFM) EN MATERIA DE IGUALDADE E DEREITOS DAS MULLERES.

23. 10. 11

Requisitos. Os traballos deberán destacar polo seu elevado valor en materia de igualdade e dereitos das mulleres. Os dereitos sobre os traballos presentados non poderán estar cedidos a terceiros con carácter de exclusividade. Os traballos deberan ter sido lidos, defendidos ou xulgados e aprobados, segundo proceda, ante calquera universidade galega durante o curso académico 2022/23. Os traballos serán presentados en idioma galego ou castelán. No caso de que se presentasen en idioma distinto dos anteriores, deberá achegarse tradución.

As solicitudes presentaranse a partir do día seguinte ao da publicación da resolución da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e ata o 30 de novembro de 2023.

Ligazóns: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20231011/AnuncioG2022-021023-0004_gl.html

https://www.valedordopobo.gal/premios-valedora-do-pobo/