CONVOCATORIA DUNHA BOLSA DESTINADA PARA A FORMACIÓN EN PRÁCTICAS EN MATERIA DE COMUNICACIÓN ESCRITA, EDICIÓN E ASESORAMENTO, CORRECCIÓN LINGÜÍSTICA E TRADUCIÓN NO VALEDOR DO POBO

23. 10. 31

Obxecto: A bolsa terá por obxecto a formación en prácticas en materia de comunicación escrita, edición e asesoramento, corrección lingüística e tradución das diversas publicacións en web e noutros medios do Valedor do Pobo.

Requisitos:

  • Ter nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea ou daqueles Estados aos cales, en virtude de tratados internacionais, lles sexa aplicable a libre circulación de persoas.
  • Ser maior de 18 anos.
  • Estar en posesión do grao en Tradución e Interpretación, en que a lingua de orixe principal da súa combinación lingüística (1ª lingua ou lingua A1) sexa a lingua galega; grao en Lingua e Literatura Galegas; grao en Estudos de Galego e Español con itinerario en lingua galega e española; ou equivalentes.

Prazo de presentación: O prazo de presentación será de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Ligazóns:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20231031/AnuncioG2022-231023-0001_gl.html

https://www.valedordopobo.gal/es/