ELABORACIÓN DUNHA BOLSA DE PERSOAS FORMADORAS COLABORADORAS PARA IMPARTIREN OBRADOIROS FÓRA DE GALICIA E SE ABRE O PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

23. 12. 21

Obxecto: Esta resolución ten por obxecto regular o procedemento para a elaboración dunha bolsa de persoas formadoras colaboradoras para impartiren obradoiros, convocados pola Secretaría Xeral da Emigración, en entidades galegas asentadas fóra de Galicia.

Actividades formativas: As persoas interesadas poderán solicitar a inscrición, segundo a súa especialización e os seus coñecementos, nunha ou varias actividades das relacionadas a continuación:

  1. Artesanía e folclore tradicional galego: baile, gaita, percusión, pandeireta, canto, outros instrumentos novos do folclore galego (frauta, requintas...), confección de traxes tradicionais e encaixe.
  2. Cociña galega.

Áreas xeográficas: As áreas xeográficas onde se realizarán os cursos, en función das convocatorias da Secretaría Xeral da Emigración, serán as seguintes: a) España. b) Resto de Europa. c) América. 2. As persoas interesadas poderán presentar a súa candidatura a unha ou varias das áreas xeográficas anteriores.

Requisitos das candidaturas

1. Para candidaturas á bolsa de profesionais da artesanía e folclore tradicional galego será preciso acreditar para a materia da que se trate que se cumpren cando menos dous dos requisitos seguintes:

  1. Estar en posesión dunha titulación oficial ou contar cun mínimo de 150 horas de formación acreditada.
  2. Ter experiencia profesional de cando menos dous anos na dirección ou como membro de grupos de baile, gaitas ou percusión; grupos musicais, talleres e empresas de artesanía ou relacionados coa especialidade para a que se presenta a candidatura.
  3. Ter experiencia docente de cando menos dous anos en organismos ou entidades públicas ou privadas.

2. Para candidaturas á bolsa de actividades de cociña galega será preciso acreditar que se cumpren cando menos dous dos requisitos seguintes:

  1. Estar en posesión dunha titulación oficial ou contar cun mínimo de 150 horas de formación acreditada.
  2. Ter experiencia profesional de cando menos dous anos que probe o coñecemento da gastronomía galega.
  3. Ter experiencia docente de cando menos dous anos en organismos públicos ou privados.

Prazo de presentación de solicitudes: Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Ligazóns: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20231221/AnuncioC3B0-141223-0001_gl.html

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR933A&ano=2023&numpub=1&lang=es