XUNTA DE GALICIA CONVOCA BOLSAS PARA PERSOAS COLABORADORAS NA RESIDENCIA DO CENTRO GALEGO DE TECNIFICACIÓN DEPORTIVA PARA O CURSO 2024-25

24. 06. 04

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E DEPORTES

ORDE do 22 de maio de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva para o curso 2024/25, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento DE400A).

Poderán ser persoas beneficiarias das bolsas para persoal de apoio no CGTD todas aquelas persoas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ter entre 18 e 30 anos na data de remate do prazo de presentación de solicitudes.

b) Estar empadroado en Galicia no momento de presentar a solicitude. 

c) Estar cursando estudos universitarios nunha facultade, escola universitaria ou nun ciclo formativo.

d) Non ser persoas beneficiarias dunha bolsa como deportista no CGTD no momento da solicitude.

e) Estar en disposición de cumprir co establecido na Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia, que modificou a Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor.

f) No caso de estudantes que tivesen bolsa como deportistas na residencia do CGTD, será necesario que a súa estadía no CGTD fose valorada como positiva polo equipo directivo do centro.

g) Supletoriamente, no caso de non cubrir as prazas cos requisitos anteriores, poderanse ter en conta solicitudes de persoas que fosen bolseiras no CGTD con anterioridade e que estean cursando estudos non oficiais.

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia

chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240604/AnuncioG0759-230524-0005_gl.pdf