CONSELLO DA CULTURA GALEGA CONVOCA 4 BOLSAS DE COLABORACIÓN

24. 06. 12

CONSELLO DA CULTURA GALEGA

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2024 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de catro bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver e se anuncia a súa convocatoria (código de procedemento PR970B).

Esta convocatoria está dirixida ás persoas con titulación universitaria (licenciatura e grao) con perfil investigador.

Os proxectos concretos inclúense nos anexos II (Unidade de publicacións), III (Área de Documentación) e IV (Unidade de divulgación de contidos e difusión) a esta resolución e nel detállanse os requisitos específicos que deben reunir as persoas solicitantes, coa f inalidade de contribuír á especialización na súa formación académica, profesional e investigadora.

As bolsas reguladas nesta resolución concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.

A contía das bolsas, por todos os conceptos, será de 1.200,00 € mensuais. Esta cantidade estará suxeita ás retencións que proceden, de conformidade co establecido no Real decreto 439/2007, do 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do imposto sobre a renda das persoas físicas, así como ao réxime de cotización establecido no Real decreto 1493/2011, do 24 de outubro, polo que se regulan os termos e as condicións de inclusión no réxime xeral da Seguridade Social das persoas que participen en programas de formación, en desenvolvemento do previsto na disposición adicional terceira da Lei 27/2011, do 1 de agosto, sobre actualización, adecuación e modernización do sistema da Seguridade Social.

As bolsas darán comezo coa incorporación da persoa seleccionada, tal e como dispón a base décimo terceira desta convocatoria. A data estimada de comezo é o 1 de setembro de 2024, rematarán, en calquera caso, o 31 de agosto de 2025 e terán unha duración máxima de doce (12) meses.

O prazo de presentación de solicitudes e da documentación sinalada na base sexta será dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240607/AnuncioO111-240524-0001_gl.pdf