IGAPE CONVOCA O PROGRAMA DE ADQUISICIÓN DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS EN MATERIA DE INTERNACIONALIZACIÓN EMPRESARIAL

24. 06. 21

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2024 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras do Programa de adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial e se procede á súa convocatoria para o ano 2024, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG414A).

O obxecto destas bases é a convocatoria de 50 prazas para a capacitación de profesionais en materia de internacionalización empresarial mediante formación práctica, coa f inalidade de mellorar a empregabilidade e poñer á disposición das empresas galegas profesionais que as axuden a mellorar a súa competitividade.

Requisitos das persoas solicitantes

1. Ter menos de 35 anos na data de presentación da solicitude.

2. Ser nacidas en Galicia e estar nacionalizadas nun Estado membro da Unión Europea, ou estar empadroadas nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia cun ano de antigüidade á data de publicación destas bases

3. Estar en posesión dalgunha titulación universitaria superior de grao e que permita o acceso aos estudos oficiais de máster universitario de acordo co establecido no Real decreto 822/2021, do 28 de setembro, polo que se establece a organización do ensino universitario e o procedemento de aseguramento da súa calidade:

i. Título universitario oficial de graduada ou graduado español; ii. Títulos procedentes de sistemas educativos que non formen parte do EEES, que equivallan ao título de grao. Así mesmo, é imprescindible acreditar un mínimo de 240 ECTS en todos os casos. A titulación pódese obter e acreditar ata cinco (5) días despois da publicación da resolución de concesión, a non presentación suporá a imposibilidade de ser persoa beneficiaria da bolsa. Os títulos obtidos no estranxeiro ou en centros privados españois deberán estar homologados polo Ministerio de Educación español antes de que finalice o prazo de presentación de solicitudes. Polo que se refire aos títulos de máster, non se require que estean homologados.

4. Coñecementos de inglés (falado e escrito). Deberá acreditarse o nivel mínimo de idioma inglés B1.

A duración da bolsa establécese nun máximo de once meses contados desde xaneiro a decembro de 2025, prorrogables, se é o caso, por petición da persoa bolseira, por un máximo de 11 meses adicionais e sen exceder nunca o 30 de decembro de 2026, en función da necesidade de finalizar ou completar unha parte da formación que xa tivese comezado ou estivese a piques de comezar.

O Igape realiza convenios con entidades e/ou organismos oficiais relacionados coa internacionalización empresarial en destinos do ámbito de Galicia e no ámbito internacional. Os destinos poderán ser, polo tanto, en Galicia ou no estranxeiro, sempre en entidades que teñan unha compoñente esencial de traballo na internacionalización empresarial.

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e será dun mes contado desde as 8.00 horas do día de inicio do prazo e ata as 14.00 horas do día en que se cumpra o devandito prazo dun mes.

chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240621/AnuncioO92-110624-0001_gl.pdf