XUNTA DE GALICIA CONVOCA BOLSAS DESTINADAS AO ALUMNADO DAS UNIVERSIDADES PÚBLICAS GALEGAS QUE PARTICIPEN EN PROGRAMAS DE MOBILIDADE CON PAÍSES EXTRACOMUNITARIOS PARA O CURSO 2024-25, FÓRA DO ÁMBITO DO PROGRAMA ERASMUS+

24. 06. 21

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL

ORDE do 10 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de bolsas destinadas ao alumnado das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia que participa en programas de mobilidade con países extracomunitarios no curso 2024/25, fóra do ámbito do programa Erasmus+ (código de procedemento ED441B).

Período e dotación da bolsa

1. O programa de mobilidade para o que se solicita a bolsa será realizado durante o curso académico 2024/25.

2. As axudas concederanse para estadías dun mínimo de 3 meses completos. A dotación económica asignada a cada persoa beneficiaria será de 1.700 euros para intercambios realizados en Europa e de 2.500 euros para o resto do mundo.

3. A repartición da axuda efectuarase en función dos criterios de avaliación previstos no artigo 13 desta orde ata esgotar a asignación orzamentaria ou, de ser o caso, o seu incremento.

Poderá solicitar estas bolsas o alumnado universitario que cumpra os seguintes requisitos:

a) Estar matriculado no curso 2024/25 en calquera das universidades públicas do Sistema universitario Galicia, en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao. 

b) Participar no programa de mobilidade universitaria con autorización da universidade de orixe (universidades públicas do Sistema universitario de Galicia).

c) Que a mobilidade sexa realizada fóra do ámbito do programa Erasmus+.

d) Non ter desfrutado desta bolsa de mobilidade en convocatorias anteriores.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia

chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240621/AnuncioG0761-100624-0002_gl.pdf