XUNTA DE GALICIA CONVOCA PROCESO PARA ADXUDICAR 10 BOLSAS DE FORMACIÓN EN PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN NO CENTRO RAMÓN PIÑEIRO PARA A INVESTIGACIÓN EN HUMANIDADES

24. 07. 16

CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE

ORDE do 2 de xullo de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras que rexerán o concurso público, correspondente ao ano 2024, de dez bolsas de formación en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e se procede á súa convocatoria (código de procedemento PL500D).

A contía de cada bolsa será de 1.100,00 € brutos mensuais, aos cales se lles aplicarán os descontos e retencións legais vixentes, incluída a cotización á Seguridade Social, que correspondan.

As actividades de formación iniciaranse coa incorporación da persoa seleccionada tal e como dispón a base décimo cuarta desta convocatoria; a data estimada de comezo é o 1 de decembro de 2024 e rematarán, en calquera caso, o 30 de novembro de 2026. A data de incorporación ao centro establecerase na notificación da adxudicación da bolsa.

O prazo de presentación das solicitudes e da documentación sinalada na base sexta será de un mes contado a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240716/AnuncioG0766-030724-0002_gl.pdf