XUNTA DE GALICIA CONVOCA PROCESO PARA A CONCESIÓN DE PRAZAS E BOLSAS NAS RESIDENCIAS XUVENÍS DEPENDENTES DA CONSELLERIA DE CULTURA PARA O CURSO 2024-25

24. 07. 19

CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE

ORDE do 8 de xullo de 2024 pola que se determinan as bases reguladoras para a concesión de prazas e bolsas nas residencias xuvenís dependentes desta consellería e se convocan para o curso académico 2024/25 (códigos de procedemento BS303B, BS303C e BS303D).

As modalidades de adxudicación de prazas establecidas nesta orde regularanse a través dos seguintes procedementos:

a) BS303B: prazas en residencias xuvenís para estudantes.

b) BS303C: prazas en residencias xuvenís para persoas estudantes colaboradoras bolseiras.

c) BS303D: prazas en residencias xuvenís para persoas traballadoras.

O período máximo de estadía na residencia xuvenil de todas as persoas residentes será de 11 meses e estará comprendido no período establecido para cada curso académico, exceptuándose os períodos de vacacións de Nadal e Semana Santa.

Prazo de presentación de solicitudes:Un mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240719/AnuncioG0766-090724-0003_gl.pdf