PARLAMENTO DE GALICIA
RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2024 pola que se anuncia a convocatoria e as bases para a concesión de diversas bolsas para formación práctica.
A Mesa do Parlamento de Galicia, na sesión do 4 de novembro de 2024, acordou aprobar as bases da convocatoria para a concesión das seguintes bolsas relacionadas coa actividade da institución:
1) Seis bolsas individuais para contribuír á formación en prácticas de persoas con titulación universitaria, nas seguintes modalidades:
a) Dúas bolsas de formación en comunicación institucional.
b) Dúas bolsas de formación en publicacións.
c) Unha bolsa de formación en recursos humanos e contratación.
d) Unha bolsa de formación en xestión parlamentaria.
As solicitudes poderán presentarse no prazo de vinte días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20241115/AnuncioO900-071124-0001_gl.pdf