XUNTA DE GALICIA CONVOCA BOLSAS FULLBRIGHT PARA ESTUDOS ARTÍSTICOS EN EE.UU PARA O CURSO 2025-2026

24. 12. 04
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Comisión Fulbright convocan ata 6 bolsas para a ampliación de estudos artísticos en Estados Unidos en calquera área de actividade artística, incluídas:
- Artes escénicas
- Artes plásticas e visuais
- Música e musicoloxía
- Museoloxía e conservación do patrimonio
- Xestión cultural.
 
Requisitos:
Nacionalidade española;
estar vinculado/a a Galicia por nacemento, residencia, formación en estudos superiores ou artísticos, ou traxectoria profesional;
dispoñer dunha carta de acceso, invitación ou admisión nun centro estadounidense;
coñecemento de inglés adecuado para desenvolver o proxecto.
 
Presentación de solicitudes:  ata o 13 de xaneiro de 2025 na páxina web da Comisión Fulbright.
 
Dotación da bolsa:
Viaxe de ida e volta e gastos varios, ata un máximo de $1.600.
Asignación mensual entre 2.830 e 4.300 USD en concepto de aloxamento, manutención e gastos necesarios para o proxecto da bolsa.
Seguro de enfermidade e accidente.
 
Sesión Informativa en liña: Martes 10 de decembro ás 17h. Rexistro previo nesta ligazón
 
Más información: www.fulbright.es Asesoría Académica
E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Telf: 917027000