INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO CONVOCA 8 BOLSAS DE FORMACIÓN EN MATERIA DE DEREITOS DAS PERSOAS CONSUMIDORAS E SEGURIDADE DOS PRODUTOS

25. 01. 21

INSTITUTO GALEGO DO CONSUMO E DA COMPETENCIA

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2024 pola que se establecen, mediante a tramitación anticipada de gasto, as bases reguladoras para a concesión de bolsas de formación en materia de dereitos das persoas consumidoras e seguridade dos produtos, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento CO400E).

A distribución das oito bolsas entre as oficinas do IGCC será a seguinte:

– Oficina do IGCC na localidade da Coruña-1 bolsa.

– Oficina do IGCC na localidade de Santiago de Compostela-2 bolsas.

– Oficina do IGCC na localidade de Ferrol-1 bolsa.

– Oficina do IGCC na localidade de Lugo-1 bolsa.

– Oficina do IGCC na localidade de Ourense-1 bolsa.

– Oficina do IGCC na localidade de Pontevedra-1 bolsa.

– Oficina do IGCC na localidade de Vigo-1 bolsa.

Cada bolsa estará dotada cun importe máximo de 11.000,00 € brutos, distribuídos en pagamentos mensuais, a razón de 1.100 € brutos por mes e por bolsa, ata un máximo de 10 meses.

O prazo de presentación será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250121/AnuncioG0482-301224-0001_gl.pdf