CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN
RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2024, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras e se procede á convocatoria de duascentas cincuenta (250) bolsas de excelencia para a mocidade do exterior (BEME), co fin de cursar estudos de máster que se inicien no curso 2025/26 nunha universidade pública galega (código de procedemento PR911A)
Poderán solicitar estas axudas a cidadanía galega residente no estranxeiro cunha titulación universitaria de grao, licenciatura, arquitectura, enxeñaría, diplomatura, arquitectura técnica ou enxeñaría técnica.
As bolsas terán a duración correspondente aos cursos académicos necesarios para a realización da totalidade dos créditos de que conste o máster:
– Os másteres de 60 ou 72 créditos ECTS, que equivalen a un curso académico, o período de desfrute será o curso académico 2025/26.
– Os másteres de 90 créditos ECTS, que equivalen a un curso académico e medio, o período de desfrute será, ademais do sinalado no parágrafo anterior, o curso académico 2026/27.
Coa contía asignada, a persoa beneficiaria deberá afrontar todos os gastos que se xeren para poder realizar o máster. En concreto:
a) Gastos de preinscrición, administrativos e de matrícula na universidade.
b) Viaxe desde o seu país de procedencia.
c) Aloxamento e manutención en Galicia.
d) Subscrición dun seguro médico, de ser o caso
O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e finalizará o día 30 de abril de 2025
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250122/AnuncioG0767-261224-0005_gl.pdf