INSTITUTO GALEGO DO CONSUMO E DA COMPETENCIA
RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2024 pola que se establecen, mediante a tramitación anticipada de gasto, as bases reguladoras para a concesión dunha bolsa de formación en materia de promoción e defensa da competencia e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento CO400F).
O programa formativo desenvolverase ao longo do ano 2025, cunha duración máxima de dez meses, contado desde a data da incorporación da persoa bolseira e ata o 31 de decembro de 2025.
A bolsa adxudicarase de acordo co indicado no artigo 6 destas bases e está dotada cun importe máximo de 11.000,00 € brutos, distribuídos en pagamentos mensuais, a razón de 1.100 € brutos por mes e por bolsa, ata un máximo de 10 meses.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250128/AnuncioG0482-080125-0001_gl.pdf