XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS AO ALUMNADO DAS UNIVERSIDADES PÚBLICAS GALEGAS PARA ESTADÍAS NOUTROS PAÍSES CO OBXECTO DE COÑECER A SÚA LINGUA DURANTE O VERÁN 2025

25. 02. 03

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL

ORDE do 10 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas ao alumnado das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia para estadías noutros países co obxecto de coñecer a súa lingua durante o verán de 2025 (código de procedemento ED416A).

Poderá solicitar estas axudas o alumnado universitario das universidades públicas que cumpra os seguintes requisitos:

a) Estar matriculado no curso 2024/25, como mínimo en 50 créditos, excluídos os recoñecidos, validados ou adaptados, en calquera das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia, en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, e ter superado 60 créditos con data do 30 de setembro de 2024, excluídos tamén os recoñecidos, validados ou adaptados.

b) O curso de idiomas debe ser presencial, ter unha duración mínima de tres semanas, excluíndo as datas da viaxe, e un mínimo de 45 horas lectivas. O idioma que se desexe cursar deberá ser distinto do castelán e deberá corresponderse co idioma oficial do país elixido.

As actividades para as que se solicita a axuda terán que ser realizadas presencialmente no período comprendido, exclusivamente, entre o 1 de xuño e o 31 de agosto de 2025, ambos incluídos.

A dotación económica asignada a cada persoa beneficiaria será de 1.200 euros para estadías realizadas en países de Europa e de 1.500 para estadías no resto do mundo.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250203/AnuncioG0761-111224-0003_gl.pdf