CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN ORDE do 29 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para o impulso da innovación e sustentabilidade do comercio local e artesanal, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CO300C).
PERSOAS BENEFICIARIAS:
1. Comerciantes retallistas.
a) Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, que o domicilio social radique na Comunidade Autónoma e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade.
b) Que teñan a condición de peme conforme o establecido no Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (DOUE nº 187, do 26 de xuño). Para a consideración de peme observarase o disposto na Recomendación 2003/361/CE da Comisión, do 6 de maio de 2003, sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas (DOUE nº L 124/36, do 20 de maio)
C) Que, tendo a consideración de peme, teñan un número de persoas empregadas igual ou inferior a dez, incluídas as persoas en situación de autoemprego, no establecemento comercial para o cal se solicita a subvención.
d) Que a actuación para a cal se solicita subvención se corresponda: 1º. Co obxecto social que figura nas escrituras, acta ou documento de constitución. 2º. Coa actividade principal do establecemento indicado na solicitude. Esta actividade deberá estar encadrada nalgunha das epígrafes relacionadas nos anexos II e III. No caso de que a actividade subvencionable se corresponda cunha actividade das epígrafes relacionadas no anexo III, tamén deberá estar dado de alta nalgunha actividade comercial relacionada no anexo II. e) Que desenvolvan a actividade comercial nun establecemento comercial cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 300 metros cadrados, agás que a actividade comercial se encadre na epígrafe 653.1 do IAE.
2. Obradoiros artesáns.
Que estean inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. En caso de novos obradoiros, poderán solicitar a inscrición no dito rexistro ata o mesmo o día en que presenten a solicitude de subvención.
A intensidade da axuda será do 80 % do investimento subvencionable (IVE excluído), co límite máximo que se establece para cada actuación subvencionable e para cada liña de axudas.
Prazo de presentación de solicitudes
Un mes contado desde as 9.00 horas do día 16 de xaneiro de 2026.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260108/AnuncioG0767-261225-0001_gl.pdf

