XUNTA DE GALICIA CONVOCA O PROGRAMA BONO REMUDA (TR353D) FONDOS EUROPEOS

AUTÓNOMO/A, QUERES FACERTE CARGO DUN NEGOCIO QUE VAI PECHAR? Esta é a túa axuda:

XUNTA DE GALICIA CONVOCA O PROGRAMA BONO REMUDA (TR353D) FONDOS EUROPEOS
A remuda, para ser subvencionable, deberá estar motivada pola xubilación ou pola proximidade da idade de xubilación da persoa titular do negocio. Tamén pode estar motivada por causas sobrevidas como a incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez, ou a morte.

REQUISITOS:
a) O negocio obxecto de remuda debe ter o domicilio social e fiscal e o centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e un mínimo de antigüidade de 5 anos ininterrompidos anteriores á publicación desta convocatoria, e con exercicio de actividade.
b) Non transcorresen máis de 12 meses entre a publicación desta orde e a baixa no RETA, en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou mutualidade, e no IAE, da persoa titular do negocio, que se trate da mesma actividade do negocio que se remuda e que se desenvolva no mesmo local, se a actividade require a súa existencia, salvo que causas de forza maior, imprevisibles e inevitables, imposibiliten que a actividade se poida desenvolver no mesmo local, e que se desenvolva no mesmo concello.
Para estes efectos, enténdese por mesma actividade a que coincida polo menos a nivel de 3 díxitos da Clasificación nacional de actividades económicas (CNAE) ou cunha actividade equivalente.
c) O negocio ou actividade obxecto de remuda estea inscrito na bolsa de remuda da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego da Xunta de Galicia
Poderá inscribirse de maneira presencial en calquera dos polos activos na Comunidade Autónoma de Galicia ou a través da páxina web: https://polosemprendemento.gal/remuda-de-negocios.
Exceptúanse deste requisito os negocios que foron obxecto de remuda antes da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
d) A transmisión se materialice mediante contrato de traspaso ou venda do negocio ou actividade, elevado a escritura pública, en que necesariamente deberá constar o prezo total e a indicación expresa da remuda como obxecto do devandito contrato. Para os efectos da concesión de axudas abondará cun acordo de transmisión asinado entre as partes implicadas no cal figure igualmente o prezo total e o obxecto da remuda do devandito acordo. O contrato conterá unha descrición detallada dos elementos que forman parte do traspaso.
e) No caso de transmisión de persoas autónomas societarias, estas deben posuír, con anterioridade á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, máis do 50 % da porcentaxe de accións ou participacións da sociedade que se traspasa. Neste caso, detallarase a porcentaxe de accións ou participacións da sociedade que a persoa ou sociedade adquirinte pasa a posuír, que necesariamente debe ser superior ao 50 % para obter a condición de beneficiaria, e sempre que se cumpran o resto de requisitos deste programa. Deberá acreditarse que esa porcentaxe superior ao 50 % pertence á persoa que outorga o dereito a remuda.
f) Se realice o cambio de titularidade da licenza de apertura e/ou actividade no concello correspondente ou, de ser o caso, a comunicación previa do inicio da actividade ou da apertura do establecemento, nos casos en que así o requira a lexislación vixente.
g) As persoas que remudan o negocio non poden estar en ningunha situación de xubilación activa cando se produza a remuda.
h) As persoas ou entidades beneficiarias deberán ter capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións desta axuda.
Tamén poden ser beneficiarias as persoas traballadoras autónomas que transmitan o negocio e sexan identificadas como tal na solicitude realizada pola persoa remudista, quedando vinculadas ambas as persoas para a concesión da subvención.

CONTIA: A contía máxima subvencionable por remuda será de 30.000 euros, excepto nos casos en que o obxecto da remuda estea constituído por unha licenza de actividade que habilite para o seu desenvolvemento, segundo o disposto no artigo 5.23, caso en que a contía máxima subvencionable por remuda será de 10.000 euros.

PRAZO DE SOLICITUDE: 11 DE FEBREIRO A PARTIRES DAS 9.00 HORAS

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260204/AnuncioG0767-130126-0004_gl.pdf?fbclid=IwY2xjawQkwANleHRuA2FlbQIxMABzcnRjBmFwcF9pZBAyMjIwMzkxNzg4MjAwODkyAAEekbQvsqDLaEGb-F9hkTeZXKXG5LfmjW4Rkwdr6ZoNzhKsZaRT-fEz4j1Ezms_aem_Oj99aCQ56s3IrQnqz_37ag