AUTÓNOMO/A ESTÁS OU ESTIVECHES DE BAIXA POR MATERNIDADE/PATERNIDADE, esta axuda é para tí:
XUNTA DE GALICIA CONVOCA O BONO CONCILIA (TR341R) FONDOS EUROPEOS
Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas traballadores que estean dadas de alta no RETA ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social, así como as persoas mutualistas, no caso de persoas membros das sociedades mercantís, laborais e civís, e comunidades de bens, a título individual.
Bono autónomo concilia I: contratación dunha persoa traballadora para apoio no negocio durante período de descanso por nacemento, adopción ou acollemento.
A persoa solicitante ten ou tivo que estar de baixa por maternidade ou paternidade, ou situacións asimiladas.
Bono autónomo concilia I: contratación dunha persoa traballadora para apoio no negocio durante período de descanso por nacemento, adopción ou acollemento.
A persoa solicitante ten ou tivo que estar de baixa por maternidade ou paternidade, ou situacións asimiladas.
O contrato que se realizará será de substitución, ou contrato indefinido, segundo o caso, formalizado por escrito en modelo oficial coas tarefas que realizará a persoa substituta, que deben ser as mesmas que a persoa traballadora autónoma substituída.
Bono autónomo concilia II: contratación dunha persoa traballadora para apoio no coidado de menores, maiores e/ou persoas con discapacidade ou dependencia.
Ten que acreditar a súa relación de parentesco ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade coa persoa menor, maior e/ou persoa con discapacidade e dependencia.
De non existir relación de parentesco debe acreditarse a convivencia no mesmo domicilio que a persoa maior e/ou persoa con discapacidade e dependencia, como mínimo nos tres últimos meses anteriores á presentación da solicitude.
O contrato que se realizará será de carácter indefinido.
Bono autónomo concilia III: apoio nos custos dos centros e/ou servizos para o coidado menores e maiores e/ou persoas con discapacidade ou dependencia.
Ten que acreditarse a contratación dun centro ou servizo de coidado de menores, maiores e/ou persoa con discapacidade ou dependencia.
No caso de non existir relación de parentesco debe acreditarse a convivencia previa de igual forma que no parágrafo anterior.
PRAZO DE SOLICITUDE: 11 DE FEBREIRO A PARTIRES DAS 9.00 HORAS

