Consellería do Medio Rural
ORDE do 20 de abril de 2021 pola que se convocan as axudas ao sector do lúpulo na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021 (códigos de
procedemento MR360F e MR360G).
Poderán ser beneficiarias das axudas que se regulan nesta orde:
Liña A) Axudas para o establecemento de novas plantacións de lúpulo e a reconversión e mellora das explotacións existentes:
As persoas físicas ou xurídicas, ou agrupacións de persoas físicas ou xurídicas incluídos entes sen personalidade xurídica, titulares de explotación agraria inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias da Comunidade Autónoma de Galicia (Reaga), con experiencia no ámbito da actividade agraria ou que conten co nivel de capacitación suficiente e que presenten unha memoria valorada na que se describa a viabilidade do investimento ou da actuación. Así mesmo, en caso de novas plantacións, deberán presentar un plan de mellora no que se contemplen os requisitos establecidos no anexo IV e en caso de reconversión varietal segundo o anexo V desta orde, que deberán recoller aspectos ambientais.
Liña B) Axudas para a adquisición de maquinaria específica:
a) As sociedades cooperativas e as súas agrupacións ou unións.
b) Sociedades Agrarias de Transformación (SAT).
c) Asociacións de Produción Integrada en Agricultura (Aprias).
d) Outras agrupacións agrarias sen personalidade xurídica propia baseadas nun pacto contractual, recoñecido pola autoridade competente e subscrito por un mínimo de sete persoas físicas titulares de explotacións agrarias, aínda que excepcionalmente e en casos concretos, debidamente xustificados polas características do equipo para subvencionar, poderán reducirse os compoñentes destas agrupacións.
e) Agrupacións de produtores ou agricultores individuais que teñan unha superficie cultivada de lúpulo que faga viable a adquisición.
f) As persoas físicas ou xurídicas con experiencia no ámbito da actividade agraria ou que conten co nivel de capacitación profesional suficiente e requirido pola autoridade competente e que presenten un proxecto viable desde o punto de vista técnico e económico.
Poderanse presentar solicitudes conxuntas entre varios beneficiarios para a adquisición de maquinaria agrícola e equipamentos específicos, grupos de presión e máquinas ou instrumentos de modernización e mellora dos sistemas de seca da flor de lúpulo xa existentes e a súa instalación sempre e cando non supere o máximo por persoa beneficiaria establecido no artigo 38 do Real decreto 284/2019, do 22 de abril.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210503/AnuncioG0426-210421-0004_gl.pdf