CONVOCATORIA DE AXUDAS ECONÓMICAS ÁS FAMILIAS CON PERSOAS EN SITUACIÓN DE DEPENDENCIA OU CON DISCAPACIDADE A TRAVÉS DO PROGRAMA RESPIRO FAMILIAR PARA PERSOAS COIDADORAS

Consellería de Política Social
ORDE do 26 de maio de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de axudas económicas ás familias con persoas en situación de
dependencia ou con discapacidade a través do programa Respiro familiar para persoas coidadoras e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento BS614B).

Para facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral das persoas coidadoras, defínense as actuacións subvencionables a través das seguintes modalidades
do citado programa:
a) Modalidade de Respiro no fogar, nas condicións detalladas no artigo 5.1, para financiar a atención puntual, integral e directa no propio fogar da persoa dependente ou con discapacidade.

b) Modalidade de Respiro en residencia, nas condicións detalladas no artigo 5.2, para financiar estadías temporais en centros residenciais da Comunidade Autónoma de Galicia.

O período subvencionable comprenderá desde o 1 de xaneiro de 2021 ata o 30 de novembro de 2021.

Poderán ser beneficiarias da subvención aquelas persoas coidadoras habituais non profesionais que atendan de forma continuada unha ou máis persoas dependentes ou con discapacidade ou en situación de necesidade de terceiros para as actividades da vida diaria, acreditada mediante informe médico e social.

Para que a persoa coidadora sexa beneficiaria da subvención é necesario que concorran os seguintes requisitos:
a) Que ben a persoa coidadora solicitante da subvención ou ben a persoa ou persoas que ela atenda sexan residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Que a persoa que se atende presente calquera das seguintes situacións:
1º. Discapacidade física, psíquica ou mental con necesidade de axuda de terceiras persoas para as actividades da vida diaria, e ter recoñecida polo organismo competente unha discapacidade en grao igual ou superior ao 75 %.
2º. Ter recoñecida a situación de dependencia polo organismo competente no grao II ou III.
3º. Que a persoa que se atende, a pesar de non cumprir coas epígrafes anteriores, presente unha situación de necesidade de terceiros para as actividades da vida diaria, acreditada mediante informe médico e social.
2. Ademais, as persoas coidadoras para seren beneficiarias da subvención teñen que cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

O prazo para a presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de setembro de 2021.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210610/AnuncioG0425-270521-0001_gl.pdf