Consellería de Política Social
ORDE do 18 de xuño de 2021 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de estadías e servizos nas residencias de tempo libre no ano 2021
(código de procedemento BS419A).
Esta orde ten por obxecto convocar o procedemento de adxudicación de estadías e servizos para o ano 2021 das residencias de tempo libre de Panxón e O Carballiño, sitas nas localidades de Panxón-Nigrán (Pontevedra) e O Carballiño (Ourense), respectivamente, e adscritas á Consellería de Política Social.
Poderán ser destinatarias todas as persoas maiores de idade ou persoas menores, sempre que vaian en compañía das súas persoas proxenitoras, persoas titoras legais, e que teñan a súa residencia en territorio español. Igualmente, poderán acollerse a esta orde os galegos e as galegas residentes no exterior que cumpran os requisitos da orde.
Non se admitirán as solicitudes que inclúan persoas que gozasen dalgunha quenda na mesma residencia nalgunha das dúas convocatorias anteriores.
A residencia de tempo libre de Panxón (Pontevedra) dispón, na presente convocatoria, dun total de 90 prazas e a residencia de tempo libre do Carballiño (Ourense) dispón de 75 prazas.
Os servizos que se prestan nestas residencias comprenderán o aloxamento e o mantemento en réxime de pensión completa durante a quenda adxudicada ás persoas beneficiarias:
a) Servizo de aloxamento: inclúe a limpeza diaria.
b) Servizo de comedor: réxime de pensión completa (almorzo, xantar e cea).
O servizo de comedor ofrece un menú único, sen prexuízo da atención de solicitudes de dietas individualizadas derivadas de prescrición médica, alerxias ou intolerancias alimentarias.
O prazo de presentación de solicitudes é de 10 días hábiles.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210623/AnuncioG0425-150621-0001_gl.pdf