AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA
RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa estatal de axudas para a realización de actuacións de eficiencia enerxética en explotacións agropecuarias (código de procedemento IN418D).
Serán beneficiarios/as os suxeitos que se enumeran no artigo 11.1 das bases reguladoras, sempre que teñan a súa residencia fiscal ou un establecemento permanente no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. En concreto, os seguintes:
a) Persoas físicas ou xurídicas de natureza privada ou pública titulares dunha explotación agropecuaria.
b) Comunidades de regadores e outras organizacións cuxo fin consista na xestión común de auga para a rega agrícola ou a xestión común doutros combustibles e fontes de enerxía para fin agropecuario.
c) Titulares de explotacións agrícolas de regadío que utilicen redes de rega para cuxo funcionamento sexa necesario actualmente o consumo de enerxía eléctrica.
d) Calquera organización ou asociación de produtores agrícolas recoñecida pola autoridade competente.
e) As comunidades de enerxías renovables e as comunidades cidadás de enerxía, segundo a definición da Directiva 2018/2001 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro de 2018.
f) As empresas de servizos enerxéticos (ESE) ou provedores de servizos enerxéticos definidas no Real decreto 56/2016.
Para os efectos desta convocatoria, considéranse explotacións agropecuarias aquelas cuxas actividades están incluídas no CNAE 2009 entre as clases 01.11 e 01.64
Poderán obter dereito a subvención aquelas actuacións que cumpran o establecido no artigo 13 do Real decreto 149/2021 polo que se regula o presente programa e se desenvolvan no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. En concreto as seguintes:
– Actuación 1: mellora da eficiencia enerxética das explotacións de regadío.
– Actuación 2: mellora da eficiencia enerxética e utilización de enerxías renovables en explotacións agropecuarias.
A contía da subvención será a mínima entre as tres seguintes cantidades:
a) O 30 % do custo elixible definido no artigo 14 do Real decreto 149/2021.
b) O 35 % do custo subvencionable da actuación. Esta intensidade da axuda incrementarase un 20 % no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas. O custo subvencionable resulta de restar ao custo elixible o investimento de referencia segundo o indicado no artigo anterior. Esta alínea b) será aplicable só cando o solicitante sexa unha empresa ou desenvolva unha actividade comercial ou mercantil.
c) Con carácter xeral, establécese unha axuda máxima por proxecto de 1.000.000,00 de euros.
O prazo de presentación de solicitudes comezará ás 9.00 horas do 22 de xuño de 2021 e rematará o 31 de decembro de 2021, data de finalización da vixencia do programa establecida no artigo 4 do Real decreto 149/2021.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210615/AnuncioG0474-020621-0002_gl.pdf