IGAPE CONVOCA AXUDAS A PROXECTOS DE DIXITALIZACIÓN PARA FACER FRONTE Á SITUACIÓN PROVOCADA POLA COVID-19

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2021 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas a proxectos de dixitalización para facer fronte á situación provocada pola COVID-19 (programa Cheques dixitalización COVID-19), susceptibles de ser financiadas no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, e se convocan en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG300E).

Estas axudas teñen como obxecto subvencionar proxectos que promovan a adaptación dos/as beneficiarios/as elixibles á situación creada pola COVID-19 mediante a implementación efectiva de tecnoloxías dixitais en calquera das seguintes categorías:

• Sistemas de control de presenza: cámaras, sensores, sistemas de check-in/check-out.

• Sistemas de control de capacidade: cámaras, sensores, sistemas en liña sobre catálogo diario (xestión de citas), xestión de colas.

• Sistemas de control de estado sanitarios: cámaras específicas, pulseiras.

• Sistemas de control de normas de calidada COVID-19.

• Sistemas e aplicacións de xestión baseados en Low code automation.

• Sistemas de catálogos diarios efémeros; sistemas de xestión de pedidos efémeros, notas de pedimento.

• Sistemas de cartelaría electrónica para mensaxes a clientela e de emisión de contidos en xeral.

• Sistemas de notificación en móbil; sistemas de xestión de contidos electrónicos para hostalaría (menús, cartas …).

• Sistemas de balizas.

• Automatización de procesos regulados, tarefas reguladas, pasos regulados pola COVID-19.

• Adaptación da presenza na internet para o efecto da COVID-19, mediante elementos como bots de conversación autónoma, integración de sistemas de comercio básicos, mellora do catálogo de produtos, solucións de atención remota, sistemas pick and go (compra en móbil e recollida en tenda) e outros similares.

• Solucións de conectividade e incorporación do teletraballo.

• Solucións de mellora da ciberseguridade.

• De maneira excepcional, outros que poidan axudar á dita adaptación, o cal se motivará na resolución de concesión.

Os proxectos deberán estar comprendidos entre os 1.500 € e os 12.000 € de gasto subvencionable, suxeitos aos límites entre partidas do artigo 5.

Poderán ser beneficiarios/as destas axudas as entidades con centro de traballo en Galicia comprendidas nalgunha das seguintes categorías:

a) Pequenas empresas segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014 (inclúe autónomos que cumpran a condición de pequena empresa) que desenvolvan a súa actividade en calquera sector de servizos.

b) As seguintes entidades da economía social: sociedades cooperativas galegas, sociedades laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego. Estas entidades deben cumprir a definición de peme establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014. Quedan excluídas desta epígrafe as entidades dedicadas aos sectores da pesca e da acuicultura, regulados polo Regulamento (CE) 104/2000 do Consello, e as entidades dedicadas á produción primaria de produtos agrícolas.

c) Entidades do tecido asociativo empresarial e laboral, como poden ser asociacións empresariais, agrupacións industriais, colexios profesionais, asociacións sindicais ou cámaras. En calquera caso, estas entidades deben cumprir a definición de peme establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014.

A contía da axuda será do 80 % dos importes indicados no artigo 5, co límite máximo de 9.600 € por empresa ou o importe máximo de minimis que poida recibir de acordo co que establece o Regulamento (UE) 1407/2013.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte á publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de setembro de 2021, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210709/AnuncioO92-290621-0001_gl.pdf