AXENCIA GALIEGA DA INNOVACIÓN CONVOCA AXUDAS PARA PROXECTOS DE I+D+I RELACIONADOS COA COVID QUE FAVOREZAN A RECUPERACIÓN E A TRANSFORMACIÓN DIXITAL DAS PEMES GALEGAS

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para 2021 as axudas para proxectos de I+D+i relacionados coa COVID-19 que favorezan a recuperación e a transición dixital das pemes galegas, programa Conecta COVID, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (códigos de procedemento IN852D e IN852E), como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19.

Poderán ser beneficiarias destas axudas:

As empresas pequenas, medianas ou grandes.

As. agrupacións de empresas e de empresas ou organismos de investigación, nos termos previstos no artigo 8.3 da Lei 9/2007, cando realicen proxectos de I+D+i en colaboración.

As entidades beneficiarias deberán ter domicilio social ou un centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as cales se solicita a axuda e contar con capacidade administrativa, financeira e operativa suficiente para a execución da axuda.

Nestes proxectos poderá incluírse a investigación sobre vacinas, medicamentos e tratamentos, produtos sanitarios e equipos hospitalarios e médicos, desinfectantes e roupa e equipamentos de protección, así como as innovacións de procesos pertinentes con vistas a unha produción eficiente dos produtos necesarios.

Ademais de facer fronte á pandemia, os proxectos deberán contribuír á transición dixital das pemes galegas nos ámbitos estratéxicos dos hubs galegos de Innovación: DIHGIGAL e Datalife e estar orientados á recuperación da economía galega. Deste xeito, será precisa a inclusión no desenvolvemento dos proxectos das tecnoloxías dixitais ás cales se orienta cada un dos hubs no marco da súa especialización.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210713/AnuncioG0198-250621-0001_gl.pdf