AXENCIA TURISMO DE GALICIA CONVOCA AXUDAS PARA A MELLORA DA COMPETITIVIDADE DOS ESTABLECEMENTOS HOTELEIROS E DE RESTAURACIÓN

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para a mellora da competitividade dos establecementos hoteleiros e de restauración que serán susceptibles de financiamento ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento TU503B).

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto contribuír á modernización e á mellora da competitividade dos establecementos hoteleiros e as empresas de restauración de 25 ou máis persoas traballadoras para o ano 2021.

En concreto, son actuacións subvencionables as que se realicen en calquera dos seguintes tipos de establecementos turísticos:

a) Os establecementos hoteleiros recollidos no artigo 55.1.a) da Lei 7/2011, do 27 de outubro.

b) As empresas de restauración que se enmarquen dentro dos grupos I, II e III do artigo 77 da Lei 7/2011, do 27 de outubro.

Considéranse gastos subvencionables aqueles en que incorrese a entidade solicitante durante o ano 2021 con respecto aos conceptos seguintes: • Gastos derivados da transformación dixital. Consideraranse os conceptos de: a) Gastos pola adquisición de equipamento informático, software e comunicacións. b) Gastos derivados de asistencias en programación, desenvolvemento e mantemento de sistemas de información. c) Gastos derivados de asistencias para actividades de dixitalización (gastos de márketing dixital, publicidade en redes sociais, publicidade display, posicionamento en buscadores de email márketing, márketing dixital, plataformas de comercialización ou landing pages).

• Gastos derivados de mellora da imaxe da empresa e vinculación coa imaxe de Galicia e do Xacobeo.

a) Gastos e investimentos relacionados co deseño e elaboración de soportes de comunicación, xa sexan gráficos ou audiovisuais.

b) Gastos e investimentos relacionados coa promoción en liña (xestión de contidos, xestión de redes sociais, social media, blogs, márketing dixital).

• Actuacións de mellora da accesibilidade nos establecementos: actuacións que permitan mellorar a accesibilidade e configurar unha oferta inclusiva para calquera colectivo.

a) Obras de reforma, acondicionamento, mellora das instalacións e actuacións dirixidas especificamente a mellorar a accesibilidade de persoas con mobilidade reducida ou con calquera outra limitación física, psíquica ou sensorial, así como as destinadas á supresión de barreiras arquitectónicas e sensoriais do establecemento turístico.

b) Gastos e investimentos relacionados coa creación de produtos para a promoción de ofertas inclusivas.

• Desenvolvemento de actuacións que permitan melloras na sustentabilidade das actividades turísticas: estudo e definición de proxectos de investimento que melloren a sustentabilidade da empresa, creación de produtos sustentables, oferta baseada en km 0 ou posta en valor de recursos naturais e vinculados co territorio.

a) Gastos e investimentos relacionados cos investimentos que contribúan a favorecer o ambiente.

b) Gastos e investimentos relacionados coa promoción e a implementación de enerxías renovables.

c) Impulso da mobilidade eléctrica (puntos de recarga e renovación da flota).

• Gastos derivados da creación de produto e/ou comercialización do destino Galicia.

a) Gastos relacionados co deseño e elaboración de soportes de comunicación, xa sexan gráficos ou audiovisuais, tales como folletos, cartelería, flyers, bancos fotográficos, vídeos, spots... así como de elementos de promoción (merchandising).

b) Desenvolvemento das TIC na xestión, promoción e comercialización da oferta turística.

c) Gastos relacionados coa promoción en liña, tales como actualizacións de páxinas web, landing pages, accións para a mellora do posicionamento en buscadores SEO, email marketing, marketing dixital, plataformas de comercialización, social media, blogs e redes sociais.

O importe máximo de subvención será do 100 % do gasto subvencionable cos límites que a continuación se expresan:

– Para empresas de 25 a 50 traballadores: máximo de 40.000 €.

– Para empresas de 51 a 75 traballadores: máximo 55.000 €.

– Para empresas de 76 ou máis traballadores: máximo 75.000 €.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210726/AnuncioG0256-160721-0001_gl.pdf