CONVOCATORIA DE AXUDAS A PROXECTOS DE I+D+i NO ÁMBITO DA INDUSTRIA CONECTADA 4.0. (ACTIVA_FINANCIAMENTO)

Ministerio  de Industria, Comercio e Turismo ven de publicar a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para proxectos de investigación e desenvolvemento, así coma proxectos de innovación en materia de organización e procesos que contribúan á transformación dixital das empresas industriais e á mellora de sua sostibilidade ambiental como consecuencia da súa dixitalización.
 
Os apoios poden ser en forma de préstamos, de subvencións ou dunha combinación de ambos e contemplan dúas líñas de actuación:
 
1. Activa-Pemes: proxectos desenvolvidos por pequenas e medianas empresas
2. Activa-Grandes implementacións: proxectos desenvolvidos por calquera tipo de sociedade
 
prazo de presentación estará aberto ata o vindeiro 17 de agosto.

Bases: https://www.boe.es/boe/dias/2021/07/06/pdfs/BOE-A-2021-11212.pdf

Convocatoria: https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-B-2021-34982