CONSELLERIA DO MEDIO RURAL CONVOCA AXUDAS ÁS ORGANIZACIÓNS PROFESIONAIS AGRARIAS E ASOCIACIÓNS AGRARIAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE INTERESE AGRARIO

Consellería do Medio Rural

ORDE do 28 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás organizacións profesionais agrarias e asociacións agrarias para realizar actividades de interese agrario, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento MR321A).

A finalidade das axudas concedidas ao abeiro destas bases reguladoras é realizar actividades de representación e de formación dos/as asociados/as das organizacións profesionais agrarias e asociacións agrarias legalmente constituídas e con implantación en Galicia e dos/as agricultores/as galegos/as en xeral.

Poderán ser beneficiarias das axudas que se regulan nesta orde, as seguintes entidades:

1. As organizacións profesionais agrarias legalmente constituídas en Galicia que concorreron ás eleccións ás cámaras agrarias que tiveron lugar o 26 de maio de 2002 segundo o recollido na disposición transitoria única da Lei 1/2006, do 5 de xuño, do Consello Agrario Galego.

2. As asociacións agrarias, con ámbito de actuación provincial ou autonómico, legalmente constituídas de acordo coa Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, con código de actividade «811 Agricultura, gandaría, silvicultura, caza, pesca» consonte o Real decreto 949/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro Nacional de Asociacións.

Serán subvencionables os custos derivados das seguintes actividades realizadas entre o 1 de xaneiro de 2020 e o 30 de xuño de 2021:

a) Funcións e actuacións que lles son propias conforme a normativa legal.

b) Funcións ordinarias de xestión interna.

c) Representación perante as institucións.

d) Participación nos órganos colexiados constituídos pola Administración galega para a defensa dos intereses dos seus representados (mesas, comisións, etc.).

e) Formación dos asociados e dos seus familiares en actividades agrarias ou no sector agroalimentario.

f) Fomento do asociacionismo agrario.

A contía das axudas será do 100 % dos primeiros 40.000 euros dos custos subvencionables.

Ao resto dos custos subvencionables aplicarase o rateo ata esgotar o orzamento.

Cada unha das partidas do punto 1 deste artigo terá un rateo independente.

O importe das axudas non poderá ser superior ao custo das actividades subvencionables.

As entidades beneficiarias con relacións de dependencia ou vínculo empresarial entre elas non poderán superar en conxunto os 250.000 euros de subvención.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Esta limitación aplicarase ás entidades beneficiarias da partida 2.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210812/AnuncioG0426-300721-0001_gl.pdf