CONSELLERIA DE MEDIO RURAL CONVOCA AXUDAS ÁS ORGANIZACIÓNS PROFESIONAIS E ASOCIACIÓNS AGRARIAS PARA A ADQUISICIÓN E MANTEMENTO DOS BENS INFORMÁTICOS E MEDIOS TÉCNICOS NECESARIOS PARA O DESENVOLVEMENTO DA SÚA ACTIVIDADE

Consellería do Medio Rural

ORDE do 30 de setembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás organizacións profesionais agrarias e asociacións agrarias para a adquisición e mantemento dos bens informáticos e os medios técnicos necesarios para o desenvolvemento das súas actividades, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento MR321B).

Poderán ser beneficiarias das axudas que se regulan nesta orde as seguintes entidades:

1. As organizacións profesionais agrarias legalmente constituídas en Galicia que concorreron ás eleccións ás cámaras agrarias que tiveron lugar o 26 de maio de 2002 segundo o recollido na disposición transitoria única da Lei 1/2006, do 5 de xuño, do Consello Agrario Galego.

2. As asociacións agrarias, con ámbito de actuación provincial ou autonómico, legalmente constituídas, de acordo coa Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, con código de actividade 811 Agricultura, gandaría, silvicultura, caza, pesca, consonte o Real decreto 949/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro Nacional de Asociacións.

As axudas destinaranse a financiar a adquisición de hardware e software informático, tal como:

a) Equipamento do posto de traballo fixo.

b) Equipamento para postos de traballo móbil.

c) Equipamentos de impresión e dixitalización de documentos.

d) Equipamentos e instalación de redes.

e) Equipamentos de captura de imaxes, vídeos, así como dispositivos de proxección.

f) Software e dispositivos de seguridade.

Os fondos dispoñibles para pagar as subvencións asignaranse en dúas partidas:

a) Partida 1, para subvencionar as organizacións profesionais agrarias (artigo 3.1), dotado co 40 % do crédito.

b) Partida 2, para subvencionar as asociacións agrarias (artigo 3.2), dotado co 60 % restante do crédito.

Porén, os fondos asignados poderán transvasarse parcialmente dunha partida á outra, se é que nunha delas non se consomen completamente.

A contía das axudas será do 50 % dos custos subvencionables e de ata un límite máximo de 30.000 euros para un beneficiario da partida 1 e de 15.000 euros para un beneficiario da partida 2.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211013/AnuncioG0426-041021-0001_gl.pdf