XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS PARA PROMOVER O AUTOEMPREGO E A ACTIVIDADE EMPRENDEDORA E DE SUBVENCIÓNS COVID-19 PARA MANTEMENTO DO AUTOEMPREGO DAS PERSOAS EMIGRANTES GALEGAS RETORNADAS

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2021, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora e de subvencións COVID-19 para mantemento do autoemprego, na Comunidade Autónoma galega, das persoas emigrantes galegas retornadas, e se procede á segunda convocatoria no ano 2021 (código de procedemento PR937A).

Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases que regularán o procedemento de concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das dúas liñas de subvencións dirixidas a persoas emigrantes galegas retornadas que exerzan a súa actividade laboral ou profesional na Comunidade Autónoma galega (código do procedemento PR937A):

– Liña 1 subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora: teñen por finalidade fomentar o seu establecemento como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia.

– Liña 2 subvencións COVID-19 para mantemento do autoemprego: destinadas a compensar as perdas provocadas pola redución da actividade económica das persoas traballadoras autónomas ou por conta propia no contexto actual de pandemia.

Poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas, que residindo fóra de España se establezan na Comunidade Autónoma galega:

1. As persoas galegas e nacidas en Galicia.

2. Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os descendentes por consanguinidade das persoas galegas e nacidas en Galicia.

Requisitos específicos:

a) Liña 1 subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora:

– Que a data de retorno a España sexa a partir do 1 de xaneiro de 2019, incluído, e que a persoa solicitante non fose beneficiaria desta subvención en convocatorias anteriores.

b) Liña 2 subvencións COVID-19 para mantemento do autoemprego: Poderán ser beneficiarias as persoas que se atopen nalgunha destas dúas situacións:

b.1) Que a data do retorno a España estea comprendida entre o 1 de xaneiro de 2017 e o 31 de decembro de 2018.b.2) Que a data de retorno a España sexa a partir do 1 de xaneiro de 2019, incluído, e que a persoa solicitante fose beneficiaria desta subvención en convocatorias anteriores.

1. Liña 1 subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora:Para promover a creación e o desenvolvemento do autoemprego das persoas galegas retornadas e da súa descendencia que se establezan na Comunidade autónoma galega, establécese unha contía da subvención de 5.000 euros.

Liña 2 subvención COVID-19 para mantemento do autoemprego: As subvencións destinadas a esta liña COVID-19 terán un importe de 3.000 euros.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211021/AnuncioG0595-111021-0005_gl.pdf