Consellería de Política Social
ORDE do 27 de outubro de 2021 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas para estadías de fin de semana a familias de especial consideración dentro do programa Montaña en familia na estación de montaña de Manzaneda para o ano 2021 (código de procedemento BS423F).
Convócanse para este ano 600 prazas para participar en estadías de fin de semana dentro do programa Montaña en familia durante as fins de semana do mes de novembro e as dúas primeiras do mes de decembro.
Poderán ser beneficiarias do programa Montaña en familia, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, as seguintes familias de especial consideración residentes na Comunidade Autónoma de Galicia:
a) As familias numerosas.
b) As familias monoparentais.
c) As familias acolledoras.
d) As familias vítimas de violencia de xénero
A estadía inclúe os seguintes servizos e prestacións:
a) Aloxamento en apartamentos desde 4 prazas con supletoria, ata 7 prazas.
b) Servizo de comedor en réxime de pensión completa desde a noite do venres ata o xantar do domingo, incluída merenda do sábado para os/as menores.
c) Programa de actividades da estación dirixidas aos/ás menores e/ou adultos como xogos de habilidades, tiro con arco, multiaventura, tirolina, piscina, spa e vivacs.
O prezo total da praza pola estadía de fin de semana é de 116 euros por persoa beneficiaria. No caso dos menores de 12 anos este importe é de 86,50 € por beneficiario. Os menores de 2 anos non pagan.
A Consellería de Política Social contribuirá ao financiamento do prezo da estadía coa achega de 50 euros por praza, polo que o importe que pagarán as persoas beneficiarias será de 66 euros no caso de maiores de 12 anos e de 36,50 euros no caso de menores de 12 anos.
O prazo de presentación de solicitudes será 10 días hábiles.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211029/AnuncioG0425-271021-0001_gl.pdf