DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CONVOCA AXUDAS PARA IMPULSAR A FORMACIÓN DE MULLERES EN POSTOS DE TÉCNICAS/ADESTRADORAS NO ÁMBITO DEPORTIVO NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

Poderán beneficiarse desta convocatoria as mulleres que cumpran os seguintes requisitos:

— Estar empadroada na provincia de Pontevedra polo menos desde o 1 de xaneiro de 2021.

Considerarase gasto subvencionable aquel que, de maneira indubidable, responda á natureza da finalidade subvencionada; terán esta consideración:

— Os gastos de matrícula dos títulos oficiais de adestradora ou adestrador ou e técnica ou técnico das diferentes federacións ou dos estudos oficiais de réxime especial dos ensinos deportivos iniciados en 2021 (o período lectivo poderá ser en 2021 ou en 2021/2022).

O prazo de presentación de solicitudes empezará a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio destas bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e na Base Nacional de Subvencións (BNS), e finalizará o 1 de decembro de 2021.

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2021/11/08/2021055561