Axencia Instituto Enerxético de Galicia
RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativas ao Plan de transición a unha mobilidade eficiente, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2022 (códigos de procedemento IN421T e IN421U).
Estas bases teñen por obxecto regular a concesión de subvencións para a adquisición no ano 2022 de vehículos de transición a unha mobilidade eficiente por parte de persoas físicas e empresas que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no articulado desta resolución.
Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, os suxeitos que se enumeran a seguir:
a) As persoas físicas con residencia habitual no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia.
Será subvencionable a adquisición de vehículos novos cun custo inferior ou igual a 40.000,00 € (impostos incluídos) que cumpran os seguintes requisitos:
a) Vehículos M1 (turismos) cun valor de emisións iguais ou inferiores a 135 g CO2 /km.
b) N1 (furgonetas) cun valor de emisións inferiores ou iguais a 120 g CO2 /km no caso de vehículos con MTMA < 2.500 kg ou cunhas emisións inferiores ou iguais a 185 g CO2 /km no caso de vehículos con MTMA ≥ 2.500 kg. Unha persoa física só poderá adquirir un único vehículo M1 ou N1. Un autónomo ou empresa só poderá adquirir un máximo de dez vehículos.
ADHESIÓN DAS ENTIDADES BENEFICIARIAS
Forma e prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes de adhesión das entidades colaboradoras comezará a partir do primeiro día hábil seguinte ao da publicación no DOG da presente resolución e rematará o 15 de setembro de 2022 e para solicitar a súa adhesión a entidade colaboradora terá que cubrir e confirmar o formulario de adhesión (anexo II).
O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 17 de xaneiro de 2022 ás 9.00 horas e rematará o 30 de setembro de 2022 ou cando se esgoten os fondos.
As solicitudes deberán presentarse exclusivamente por vía electrónica a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da xunta de Galicia (https://sede. xunta.gal), ou ben desde a páxina web do Inega (http://www.inega.gal), de acordo co establecido no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP)
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211209/AnuncioG0474-251121-0002_gl.pdf