XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS DESTINADAS AO ALUMNADO DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA QUE POR CAUSAS SOBREVIDAS E IMPREVISTAS OCORRIDAS AO LONGO DO CURSO ACADÉMICO 2020-2021 OU POR UNHA SITUACIÓN DERIVADA DA COVID-19 TEÑA DIFICULTADES ECONÓMICAS

Consellería de Cultura, Educación e Universidade
ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas destinadas ao alumnado do Sistema universitario de Galicia que, por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas ao longo do curso académico 2020/21 ou por unha situación derivada da COVID-19, teña dificultades económicas para continuar estudos (código de procedemento ED433A).

1. Causas sobrevidas no curso académico 2020/21.

a) Necesidade urxente de recursos económicos para paliar a situación de emerxencia derivada dunha causa sobrevida e imprevista ocorrida no actual curso académico: orfandade absoluta; situación de desemprego, falecemento, falta de pagamento acreditada por denuncia ou sentenza de pensións alimenticias nos casos de separación ou divorcio, enfermidade grave, recoñecemento de incapacidade permanente absoluta para todo traballo dalgún dos sustentadores principais da unidade familiar; condición de emigrante retornado; vítimas de violencia de xénero; vítimas de actos terroristas e outras circunstancias non recollidas que, sendo debidamente acreditadas, repercutan na situación socioeconómica familiar).

b) Que a situación sobrevida e imprevista acontecese durante o actual curso académico 2020/21. Entenderase por curso académico o comprendido entre o 1 de xullo de 2020 e o 30 de xuño de 2021.

2. Causas xurdidas como consecuencia da COVID-19.
Que algún dos sustentadores principais da unidade familiar estean en situación de desemprego, en Expediente Temporal de Regulación de Emprego (ERTE) ou en calquera outra situación que supoña unha merma económica ou laboral como consecuencia directa da COVID-19.

Prazo de presentación das solicitudes:
– Se a causa sobrevida e imprevista aconteceu con anterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.
– Se a causa xurde como consecuencia da COVID-19 e é anterior á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

– Se a causa sobrevida e imprevista acontece con posterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde que aconteceu a causa sobrevida sendo, nestes casos, a data límite para a presentación das solicitudes o 31 de xullo de 2021, sen prexuízo do sinalado no artigo 3.b).
– Se a causa xurde como consecuencia da COVID-19 con posterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde que aconteceu a causa sobrevida sendo, nestes casos, a data límite para a presentación das solicitudes o 31 de xullo de 2021, sen prexuízo do sinalado no artigo 3.b).

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210112/AnuncioG0598-211220-0002_gl.pdf