RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas de indemnización económica dirixidas ás fillas e fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero, así como a mulleres que resultasen gravemente feridas como consecuencia dunha agresión por violencia de xénero, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento SI460A).
A finalidade das axudas é dar cumprimento a varias das medidas do Pacto de Estado en materia de violencia de xénero, e proporcionarlles apoio económico ás persoas citadas no punto anterior, cunha indemnización de axuda directa, co obxecto de garantir que o feito causante (morte da nai ou lesións graves, por mor de violencia de xénero) supoña un menor prexuízo económico para os fillos e fillas orfos, e para as propias vítimas gravemente feridas.
Todas as axudas de indemnización recollidas na presente resolución recoñeceranse cando o feito causante se producise con posterioridade ao 1 de xullo de 2019.
As axudas a que se refire esta resolución fan referencia ás seguintes modalidades:
1. Axudas de indemnización económica dirixidas ás fillas e fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero, e que dependeran economicamente da súa nai e/ou do seu pai agresor.
2. Axudas de indemnización dirixidas ás mulleres que resultasen gravemente feridas, con lesións que requiran hospitalización, como consecuencia dunha agresión por violencia de xénero.
O importe das indemnizacións reguladas nesta resolución fíxase na cantidade de sete mil euros (7.000 €), que será aboada unha única vez por cada persoa beneficiaria e para o mesmo feito causante.
O prazo para a presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de novembro de 2021.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210111/AnuncioG0599-161220-0002_gl.pdf