CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL CONVOCA AXUDAS PARA AS ACCIÓNS SILVÍCOLAS DE PREVENCIÓN DOS DANOS CAUSADOS NAS MASAS DE CONÍFERAS POR ENFERMIDADES FÚNXICAS DEFOLIADORAS (FONDOS FEADER)

Consellería do Medio Rural

ORDE do 30 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para as accións silvícolas de prevención dos danos causados nas masas de coníferas por enfermidades fúnxicas defoliadoras, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento MR605B).

Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados nas masas de coníferas por enfermidades fúnxicas defoliadoras, e especificamente en piñeirais de piñeiro do país (Pinus pinaster), piñeiro insigne (Pinus radiata) e piñeiro negral (Pinus nigra) nas provincias da Coruña e Lugo, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento administrativo MR605B), e convocalas para o ano 2022.

Serán beneficiarias as persoas que sexan titulares dos terreos obxecto de axuda, entendendo por titulares tanto propietarios como arrendatarios ou xestores, non admitíndose a cesión por parte do arrendatario do terreo a un terceiro.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220124/AnuncioG0426-100122-0001_gl.pdf