Consellería do Medio Rural
ORDE do 28 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento MR443A).
As liñas de actuación estarán orientadas á consecución dos obxectivos seguintes:
1. Avanzar no desenvolvemento do sistema de seguros agrarios para proporcionar aos produtores agrarios unha ferramenta de xestión de riscos a un custo axeitado.
2. Establecer os criterios de asignación de subvencións, optimizando os recursos e facilitando a súa aplicación, xestión e control.
3. Fomentar o deseño de liñas de seguro renovables para mellorar a implantación do seguro e a súa universalización.
Para o ano 2021 a subvención da Consellería do Medio Rural para todas as liñas de contratación establecidas nos anexos I e II que se xuntan a esta orde, incluídas as modalidades de renovables, unha porcentaxe sobre a prima comercial base, incluídas bonificacións e recargas, segundo se indica nos ditos anexos.
Para as pólizas contratadas por entidades asociativas de agricultores e gandeiros, coas características admitidas pola Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións, establécese unha subvención adicional do 4 % nas liñas agrícolas e gandeiras (anexo I).
Porcentaxes de subvención. Bases aplicables
1. Seguros de producións agrícolas.
Establécese unha subvención do 22 % sobre a prima comercial base, incluídas bonificacións e recargas, para todas as producións agrícolas.
2. Seguros de producións gandeiras: seguros de explotación.
Establécese unha subvención do 16 % sobre a prima comercial base, incluídas bonificacións e recargas.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210114/AnuncioG0426-281220-0003_gl.pdf