AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA CONVOCA SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE ENERXÍA SOLAR FOTOVOLTÁICA DIRIXIDA Á PARTICULARES

Axencia Instituto Enerxético de Galicia
RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de enerxía solar fotovoltaica dirixidas a particulares para o ano 2021 (código de procedemento IN421O).

Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas titulares de calquera dereito sobre un inmoble de dereito residencial ou as comunidades e mancomunidades de veciños, sempre que as actuacións subvencionables descritas no artigo 4 se realicen en vivendas ou edificios do sector residencial sitas na Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, as
agrupacións de persoas físicas, privadas sen personalidade, que non se poderán disolver ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

As solicitudes de axudas presentaranas as entidades colaboradoras segundo o modelo do anexo II desta resolución, xunto coa documentación que se indica nas bases reguladoras.

Serán subvencionables:
a) Os paneis solares fotovoltaicos.
b) O acondicionamento da enerxía eléctrica (inversores, convertedores, reguladores, cadros eléctricos, elementos de interconexión, proteccións, cableado, equipamentos de medidas, etc), monitorización (sensores, adquisición de datos, comunicación remota, etc.)
e sistema de acumulación con baterías.
c) O resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento do sistema.
d) O custo da montaxe e o conexionado, a dirección de obra.
e) IVE, cando non sexa recuperable conforme a lexislación nacional sobre IVE.

A contía da axuda será do 50 % do investimento elixible da instalación, tendo en conta o seu orzamento e os requisitos específicos recollidos no artigo 5 destas bases reguladoras.

A contía máxima por proxecto será de 25.000 €. Na procura de instalacións de potencia racionais, establécese unha axuda máxima por vivenda de 4.000 €. No caso de que o proxecto solicitado inclúa baterías de litio de potencia igual ou superior a 4 kWh, incrementarase en 1.500 €.

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 3 de marzo, ás 9.00 horas, e finalizará o 1 de xullo de 2021.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210118/AnuncioG0474-281220-0006_gl.pdf