As axudas obxecto desta orde teñen como finalidade o financiamento de proxectos de investimento para mellorar a competitividade do sector do libro, mellorar a súa resiliencia e impulsar a súa transición dixital.
As axudas estarán dirixidas a financiar as seguintes liñas:
a) Mellorar as ferramentas de xestión editorial, mediante sistemas unificados de xestión integral administrativa, comercial, contable, web, bases de datos, relación cos autores on- line, ou calquera outros sistemas que se orienten a este fin.
b) Modernizar as empresas distribuidoras de libros e loxística, potenciando o investimento tecnolóxico en ferramentas dixitais entre as empresas do sector para optimizar os procesos de comercialización e distribución do libro.
c) Modernizar as librerías, mellorando a súa competitividade, incorporando a dixitalización aos seus procesos e programas de xestión, e facéndoas máis sostibles
medioambientalmente.
d) Desenvolver e implementar a impresión baixo demanda no sector do libro, xerando a optimización de procesos e novas oportunidades de negocio.
Serán beneficiarias as persoas xurídicas e físicas (autónomos) que cumpran os requisitos establecidos na convocatoria recollida no Capítulo III.
Non poderán ter a condición de beneficiarios as entidades que non cumpran os requisitos establecidos no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro.
Dada a directa vinculación das presentes axudas ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da economía española, os beneficiarios só poderán ser aqueles que teñan residencia fiscal permanente en territorio español.
As solicitudes presentaranse na forma e no prazo establecido na convocatoria.
O prazo de solicitude será de 20 días hábiles desde a publicación da convocatoria