DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CONVOCA CONCURSO REACCIÓN POLO CLIMA, ANO 2022

Aprobar as bases reguladoras da terceira edición do concurso Reacción polo Clima, que ten como finalidade promover a loita contra o cambio climático a través de manifestacións artísticas visuais nas que se denuncie a situación do planeta e se propoñan actuacións para combater a contaminación, entre outros aspectos, e, deste xeito, potenciar o talento da xuventude e mostrar as súas reivindicacións neste ámbito.

Poderán optar a estes premios as persoas físicas e xurídicas que cumpran os seguintes requisitos:

• Persoas físicas

— Ter unha idade comprendida entre os 16 e os 30 anos na data de presentación da solicitude

— Estar empadroadas en calquera concello da provincia de Pontevedra

• Persoas xurídicas

— Ser entidades que teñan a súa sede fiscal na provincia de Pontevedra

— Que polo menos o 50 % das persoas administradoras ou membros da xunta directiva sexan persoas físicas con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos

O prazo de presentación das solicitudes e proxectos será de dous (2) meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2022/03/14/2022014628