AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA CONVOCA SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA NAS EMPRESAS DOS SECTORES INDUSTRIA E SERVIZOS (FONDOS FEDER)

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria e servizos, para o ano 2022-2023, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 (código de procedemento IN417Y).

Poderán ser beneficiarios/as das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases:

a) As empresas legalmente constituídas e os/as empresarios/as autónomos, que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, incluídas no sector servizos ou na industria. Para os efectos destas bases, defínese empresa conforme o recollido no artigo 1 do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014. Só serán subvencionables as actuacións realizadas en centros de traballo localizados en Galicia. Consideraranse sector servizos as actividades incluídas nas seccións: G, H, I, J, L, M, N, O, P, Q, R, S, T ou U do CNAE 2009. Dentro do sector industria, serán subvencionables as empresas cuxo CNAE 2009 comece pola división da 07 a 39, excluídas as que comecen pola división 10.2 e 12. Tamén serán subvencionables as actividades recollidas no IAE que se correspondan con estas seccións do CNAE 2009.

b) As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía e que o obxecto destes contratos de servizos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía. Os centros de consumo en que se actúe deben estar situados en Galicia, corresponder a empresas incluídas no ámbito de actuación das presentes bases e, en concreto, desenvolver algunha das actividades recollidas na letra a) deste artigo e amparadas polo Regulamento (UE) nº 651/2014 Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases: a) As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos, que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, incluídas no sector servizos ou na industria. Para os efectos destas bases, defínese empresa conforme o recollido no artigo 1 do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014. Só serán subvencionables as actuacións realizadas en centros de traballo localizados en Galicia. Consideraranse sector servizos as actividades incluídas nas seccións: G, H, I, J, L, M, N, O, P, Q, R, S, T ou U do CNAE 2009. Dentro do sector industria, serán subvencionables as empresas cuxo CNAE 2009 comece pola división da 07 a 39, excluídas as que comecen pola división 10.2 e 12. Tamén serán subvencionables as actividades recollidas no IAE que se correspondan con estas seccións do CNAE 2009. b) As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía e que o obxecto destes contratos de servizos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía. Os centros de consumo en que se actúe deben estar situados en Galicia, corresponder a empresas incluídas no ámbito de actuación das presentes bases e, en concreto, desenvolver algunha das actividades recollidas na letra a) deste artigo e amparadas polo Regulamento (UE) nº 651/2014

Proxectos que se subvencionan

1. Poderán obter dereito a subvención todas aquelas actuacións que se executen dentro do territorio da Comunidade Autónoma e o prazo de execución dos proxectos subvencionables iniciarase unha vez que se efectuase a solicitude de axuda ante esta entidade, e rematará no prazo previsto no artigo 26.

2. Proxectos de aforro e eficiencia enerxética.

a) Serán elixibles os custos de investimento adicionais necesarios para lograr un nivel mais elevado de eficiencia enerxética. Determinarase do seguinte xeito: 1º. Cando os custos do investimento en eficiencia enerxética poidan identificarse nos custos totais do investimento como investimento separado, estes custos relacionados coa eficiencia enerxética serán subvencionables. 2º. En todos os demais casos, os custos do investimento en eficiencia enerxética determinaranse por referencia a un investimento similar, que implique menor eficiencia enerxética, que se podería realizar de xeito crible sen a axuda. A diferenza entre o custo de ambos os investimentos determinará o custo relacionado coa eficiencia enerxética e será o custo subvencionable. Os custos dos proxectos que non estean directamente vinculados á consecución dun nivel mais elevado de eficiencia enerxética non serán subvencionados. Non serán subvencionables aqueles proxectos con ratios de aforro enerxético anual de enerxía final inferiores a 0,4 kWh por € de investimento elixible por considerarse que a finalidade do investimento non é a consecución dunha maior eficiencia enerxética. Este ratio redúcese a 0,3 para medianas empresas e 0,2 para pequenas empresas para ter en conta o seu menor poder de mercado para negociar os prezos de adquisición de enerxía. Os investimentos só poderán ser subvencionados sobre a base dunha auditoría enerxética, cuxos resultados se plasmarán na memoria técnica da solicitude.

b) Poden ser obxecto de subvención as actuacións que se recollen a seguir: 1ª. Os investimentos en substitución ou mellora de equipamentos e instalacións consumidores de enerxía do proceso produtivo do sector industrial, así como dos sistemas auxiliares necesarios para o seu funcionamento, por equipamentos e instalacións que utilicen tecnoloxía de alta eficiencia ou a mellor tecnoloxía dispoñible. O aforro enerxético mínimo requirido para ser subvencionable deberá ser dun 5 % respecto do consumo inicial. 2ª. A renovación ou mellora de equipamentos de instalacións existentes de produción de calor e frío destinadas a atender a demanda de benestar e hixiene das persoas, por outras de alta eficiencia enerxética, seleccionados con base a un maior rendemento enerxético. O aforro enerxético mínimo requirido para ser subvencionable deberá ser dun 20 % respecto do consumo inicial.

3ª. A mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación existentes que leven asociada unha redución anual de, ao menos, un 40 % respecto ao consumo inicial en iluminación, garantindo un confort lumínico adecuado á tarefa que se vaia realizar.

4ª. Os investimentos en substitución ou mellora de equipamentos e instalacións consumidores de enerxía do sector servizos, así como dos sistemas auxiliares necesarios para o seu funcionamento, por equipamentos e instalacións que utilicen tecnoloxía de alta eficiencia ou a mellor tecnoloxía, que implique un aforro enerxético mínimo dun 20 % respecto do consumo inicial.

5ª. Para contribuír á comprobación dos resultados enerxéticos obtidos será subvencionable a implantación de medidas de contabilización, monitorización e telexestión do consumo de enerxía asociadas ás actuacións de aforro para as que se solicita axuda e mesmo a implantación de sistemas de procesado avanzado de datos e intelixencia artificial aplicados á optimización do consumo enerxético da empresa no tocante á análise dos consumos enerxéticos das actuacións subvencionadas. Entenderase por intelixencia artificial aqueles desenvolvementos que, de xeito sistemático, sexan capaces de reaxustar algúns dos seus parámetros en función das experiencias pasadas co obxecto de optimizar o consumo enerxético. Será subvencionable a realización de auditorías enerxéticas que inclúan en detalle a actuación subvencionada salvo que se trate dunha auditoría obrigatoria conforme a normativa vixente. Será subvencionable a implantación de sistemas de xestión enerxética certificados conforme a Norma ISO 50.001 por entidade acreditada durante o período de xustificación que contribúan a medir o aforro enerxético derivado da actuación. Para as solicitudes tramitadas baixo a modalidade de empresas de servizos enerxéticos, terase en conta a actividade asimilable ao centro de traballo en que se instalen.

A contía da subvención será do 35 % do custo elixible da actuación.

A intensidade da axuda incrementarase un 20 % no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas.

Establécese unha axuda máxima por proxecto de 500.000 euros.

A axuda máxima por empresa beneficiaria no conxunto da convocatoria será de 1.000.000,00 de euros. 

En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor do mercado.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o 19 de abril de 2022 ás 9.00 horas e finalizará o 3 de outubro de 2022.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220405/AnuncioG0474-230322-0002_gl.pdf