As empresas do sector turístico poderán concorrer en modalidade de agrupación e con polo menos un socio tecnolóxico ás subvencións, que oscilarán entre os 300.000 e os 5.000.000 euros.
Este programa é parte do Plan de modernización e competitividade do sector turístico (compoñente 14 do Plan de Recuperación) e estrutúrase ao redor de dúas liñas de actuación:
Liña 1: Para proxectos de desenvolvemento tecnolóxico innovadores que incorporen tecnoloxías emerxentes ou de novo desenvolvemento con risco tecnolóxico medio/baixo e que permitan mellorar a competitividade do sector turístico mediante a incorporación de tecnoloxías emerxentes ou de novo desenvolvemento no ámbito do internet das cousas, 5 G, big data, ciberseguridade ou aplicacións móbiles, sen carácter limitativo. Esta liña está dotada con 20 millóns de euros e poderá financiar proxectos cun orzamento mínimo de 500.000 euros ata un máximo de 5 millóns de euros.
Liña 2: Para proxectos de implantación e adopción de novas tecnoloxías que incorporen tecnoloxías testadas previamente no mercado con risco tecnolóxico baixo. Está liña está dotada con 5 millóns de euros e poderá financiar proxectos cun orzamento mínimo de 300.000 euros e un máximo de 750.000 euros. O Ministerio habilitou a seguinte caixa de correos para atender dúbidas: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..