AGROINNPULSO
Esta liña está orientada a apoiar proxectos empresariais de base tecnolóxica, a través do financiamento, co obxectivo de estimular e impulsar a transformación dixital das pequenas e medianas empresas do sector agroalimentario e do medio rural.
Beneficiarios/as
Poderán obter os préstamos participativos as pequenas e medianas empresas agroalimentarias de toda a cadea de valor, que desenvolvan actividades innovadoras e de base tecnolóxica, con especial atención a aquelas con capacidade de xerar emprego de calidade para mozas e mulleres, e que acometan os investimentos necesarios e leven a cabo o seu proxecto empresarial baseando a súa actividade na xeración de novos produtos, procesos ou servizos.
Requisitos
Domicilio social en España.
Ser unha peme, conforme á definición da Unión Europea.
Ter personalidade xurídica propia, independente da dos socios ou partícipes.
O proxecto empresarial ha de demostrar a súa viabilidade técnica e económica, e presentar un modelo de negocio innovador, novo ou con claras vantaxes competitivas e que contribúa á súa dixitalización.
A empresa prestataria deberá cofinanciar as necesidades financeiras asociadas ao proxecto empresarial.
Os fondos propios da sociedade serán equivalentes, como mínimo, á contía do préstamo.
A empresa que solicite un préstamo Enisa deberá mostrar unha estrutura financeira equilibrada e profesionalidade na súa xestión.
Deberán presentarse as contas do último exercicio pechado, que serían depositadas no Rexistro Mercantil ou noutro rexistro público que proceda. A empresa que reciba un préstamo Enisa, por un importe superior a 300.000 €, deberá ter auditados externamente os estados financeiros do último exercicio pechado. No desenvolvemento dos devanditos proxectos as empresas solicitantes executarán as súas actuacións conforme ao principio de non causar un prexuízo significativo a obxectivos ambientais tal e como aparece recollido no artigo 17 do Regulamento (UE) 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello do 18 de xuño de 2020 relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sostibles e polo que se modifica o Regulamento (UE) 2019/2088.
Quedan excluídas as empresas cuxa actividade corresponda aos sectores inmobiliario e financeiro, e as excluídas conforme ao cumprimento do principio DNSH polas súas siglas en inglés “ Do Non Significant Harm” ou non causar un prexuízo significativo a obxectivos ambientais.
Información completa: https://www.enisa.es/es/financia-tu-empresa/lineas-de-financiacion/d/agroinnpulso