Axencia Galega de Innovación
RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a mellora da capacidade de innovación das empresas en Galicia, a través do financiamento de bonos de innovación para pequenas e medianas empresas cuxa actividade se enmarca nas prioridades estratéxicas da RIS3, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento IN848F).
Liña 1. Bonos para servizos de apoio á innovación, para o financiamento das actividades destinadas á protección da innovación e o coñecemento, transferencia tecnolóxica, comercialización e que permitan o desenvolvemento de novos produtos e servizos ou mellora da competitividade empresarial.
Liña 2. Bonos para xestión do financiamento da innovación, para a subvención dos custos de actividades de xestión, contratadas cos axentes da innovación, encamiñadas á:
Tipo A. Tramitación de incentivos e beneficios fiscais para a I+D+i. Tipo
B. Solicitude de financiamento a proxectos ou actuacións de I+D+i en convocatorias de axudas estatais, europeas ou internacionais.
Poderán ser beneficiarias desta axuda as microempresas, pequenas e medianas empresas, conforme as definicións contidas no artigo 2, validamente constituídas no momento da presentación da solicitude, con domicilio social ou un centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as que solicitan a axuda.
Cada unha das liñas que compoñen esta axuda vai dirixa ás seguintes entidades:
Liña 1. Servizos de apoio á innovación: Microempresas e pequenas empresas
Liña 2. Xestión do financiamento da innovación: Microempresas, pequenas e medianas empresas
Axudas de ata 35.000 euros de apoio para a contratación de servizos profesionais externos vinculados á innovación para a túa pequena empresa.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220609/AnuncioG0198-250522-0001_gl.pdf