MINISTERIO DE AGRICULTURA, PESCA E ALIMENTACIÓN CONVOCA AXUDAS PARA COMPENSAR AS DIFICULTADES ECONÓMICAS DERIVADAS DO CONFLICTO BÉLICO EN UCRANIA EN DETERMINADOS SECTORES AGRARIOS

MINISTERIO DE AGRICULTURA, PESCA E ALIMENTACIÓN

Real Decreto 428/2022, do 7 de xuño, polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión directa dunha axuda excepcional de adaptación para compensar as dificultades económicas derivadas do conflito bélico en Ucraína en determinados sectores agrarios.

A contía máxima a conceder nesta axuda será de 193.470.759 euros, conforme ao artigo 11, e articularase nas seguintes liñas de axuda por sector produtor:
a) Vacún de carne, cun financiamento máximo de 110.000.000 de euros, correspondendo 97.700.000 euros ao subsector da vaca ama de cría e 12.300.000 euros ao engorde de tenreiros.
b) Ovino e caprino de carne cun financiamento máximo de 31.700.000 euros.
c) Avicultura de carne cun financiamento máximo de 10.000.000 de euros.
d)  Cunicultura cun financiamento máximo de 3.000.000 de euros.
e)  Cítricos cun financiamento máximo de 38.700.000 euros