CONSELLERIA DO MEDIO RURAL CONVOCA AXUDAS PARA O FOMENTO DA UTILIZACIÓN DE MAQUINARIA AGRÍCOLA EN RÉXIME ASOCIATIVO (FONDOS EUROPEOS)

Consellería do Medio Rural

ORDE do 12 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo en Galicia, financiadas co instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento MR351A).

Poderán ser beneficiarias destas axudas:

• Cooperativas agrarias con sección/servizo de maquinaria.

• Cooperativas de utilización de maquinaria en común (CUMA).

• Cooperativas de explotación comunitaria da terra de 5 ou menos anos de antigüidade.

• SAT procedente de fusión de polo menos dúas explotacións, nos últimos 5 anos naturais.

Serán subvencionables os seguintes investimentos:

a) Maquinaria agrícola.

b) Estudos técnico-económicos de viabilidade.

O importe da axuda que se concederá a cada beneficiario será do 35 % dos custos elixibles, que se poderán incrementar ata un máximo do 50 % en función da aplicación dos seguintes criterios:

• 5 % no caso de investimentos en zonas con limitacións naturais ou outras limitacións específicas recollidas no artigo 32 do Regulamento (UE) nº 1305/2013.

• 10 % no caso de investimentos colectivos, cando o beneficiario procede dunha fusión de cooperativas. 

O prazo para a presentación de solicitudes é dun mes desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220830/AnuncioG0426-120822-0003_gl.pdf